ACTIVIDADES INTERATIVAS
Neste post, exporemos diferentes actividades interactivas que ideamos para que os nenos coñezan un pouco máis as redes sociais, sobre todo os seus termos de privacidade e de uso. Para acceder ás actividades deberédes picar nas imaxes.
COMPLETA E APRENDE SOBRE A POLÍTICA DE PRIVACIDADE
Nesta actividade os alumnos e alumnas deberán ir compleando as diferentes oracións cos nomes das redes sociais, segundo consideren cal sexa a correta.
KAHOOT! SOBRE OS PERIGOS NAS REDES SOCIAIS
Neste xogo deberemos adiviñar a resposta correta picando no color que nos creamos que corresponde á resposta correta. Para acceder á partida deberán entrar no link das imaxes e picar en "Play as a guest" e logo no modo de xogo que se desexe, "Classic" ou "Team mode", e aparecerá un código pin, Xa para xogar, terán cada un dos xogadores que acceder á páxina principal de de kahoot (https://kahoot.it/) e insertar o pin e un nickname e xa accederán ao xogo.
SOPA DE LETRAS
Como toda sopa de letras, consiste en atopar as diferentes palabras, para realizar a actividade, deberáse descargar a imaxe e imprimila para que os alumnos e alumnas a realicen.
QUEN QUERE SER MILLONARIO
Este xogo é como o programa de televisión "Quen quere ser millonario?" o mestre pode facerlle este xogo aos alumnose alumnas, dando unha recompensa diferente por cada pregunta que vaian acertando, ou dando as recompensas que crea oportunas, ou diretamente sen dar recompensa.
Neste xogo, oprocedemento será igual que no outro kahoot, deberemos adiviñar a resposta correta picando no color que nos creamos que corresponde á resposta correta. Para acceder á partida deberán entrar no link das imaxes e picar en "Play as a guest" e logo no modo de xogo que se desexe, "Classic" ou "Team mode", e aparecerá un código pin, Xa para xogar, terán cada un dos xogadores que acceder á páxina principal de de kahoot (https://kahoot.it/) e insertar o pin e un nickname e xa accederán ao xogo.
CRUCIGRAMAS
Son os clásicos crucigramas, onde combinando as posicións das palabras, deberán completar os cadros con palabras das cales se lles proporcionará a definición.
O crucigrama da dereita, ao pinchar na imaxe levará aos alumnos a unha páxina na que terán que rexistrarse para acceder á activivdade.
Comentarios
Publicar un comentario