Entradas

Mostrando entradas de enero, 2020

Ana María Freire Sampayo

A clase de Novas tecnoloxías aplicadas a Educación Primaria por unha banda paréceme súper importante e levada o campo da educación moitísimo máis xa que pode chegar a motivar os nenos dunha maneira innovadora e divertida, por outra banda dáme algo de medo xa que non tiven moita experiencia cas tecnoloxías no meu colexio polo que dáme un pouco de medo. 

Kevin Ferreira Pérez

A materia de novas tecnoloxías a verdade é que me produce emocións totalmente contradictorias, xa que por unha parte é algo que sempre me entusiasmou e polo que sempre me interesei e a idea de progresar neste campo e poder adaptalo á educación agrádame. Por outra parte teño o medo de non dar a talla, xa que aínda que teño bos recordos e un aprecio especial ó uso da tecnoloxía, considero que durante todos estos anos non recibín un trato moi esixente por parte dos mestres e que podería contrastar totalmente cos contidos desta materia. En xeral apaixóname a materia e considero que todo o aprendido aquí poderá ter un uso aplicable a moitos ámbitos da educación