Entradas

Mostrando entradas de abril, 2020

ACTIVIDADES INTERATIVAS

Imagen
Neste post, exporemos diferentes actividades interactivas que ideamos para que os nenos coñezan un pouco máis as redes sociais, sobre todo os seus termos de privacidade e de uso. Para acceder ás actividades deberédes picar nas imaxes. COMPLETA E APRENDE SOBRE A POLÍTICA DE PRIVACIDADE Nesta actividade os alumnos e alumnas deberán ir compleando as diferentes oracións cos nomes das redes sociais, segundo consideren cal sexa a correta. KAHOOT! SOBRE OS PERIGOS NAS REDES SOCIAIS Neste xogo deberemos adiviñar a resposta correta picando no color que nos creamos que corresponde á resposta correta. Para acceder á partida deberán entrar no link das imaxes e picar en "Play as a guest" e logo no modo de xogo que se desexe, "Classic" ou "Team mode", e aparecerá un código pin, Xa para xogar, terán cada un dos xogadores que acceder á páxina principal de de kahoot ( https://kahoot.it/ ) e insertar o pin e un nickname e xa accederán ao xogo. SOPA DE...

WEBQUEST

Imagen
Aquí vos mostramos a nosa WebQuest sobre un risco da rede que pode estar presente nas vidas dos nosos nenos e nenas que é o "Grooming". O noso obxectivo é concienciar ao alumnado e que eles/elas mesmos/as se informen sobre os perigos do "grooming" para levar a cabo unha prevención eficaz. https://sites.google.com/view/www-grooming/p%C3%A1gina-principal?authuser=1

RECURSO AUDIOVISUAL

Imagen
Para a proposta didáctica que integrase o noso producto audiovisual utilizamos o programa canvas que nos permitiu realizar unha proposta "DigitalStorytelling" na que puidemos explicitar os contidos que iamos traballar, o obxectivos que tiñamos e a metodoloxía que iamos empregar. Con esta ferramenta puidémolo facer dunha forma máis atractiva e lúdica. Aquí deixamos o noso video no que representamos unha das situacións máis habituais nas redes sociais, como é o "grooming", na que un adulto se fai pasar por un menor para así conseguir o que quere doutro menor.