Entradas

Proxecto final

Para a elaboración do proxecto final decidimos realizar unha páxina web recollendo todos os recursos educativos realizados por nós ata o momento. O noso obxectivo é explicar os nosos recursos que tratan sobre as redes sociais. O enlace á web é o seguinte:   https://fatimagallego18.wixsite.com/misitio

ACTIVIDADES INTERATIVAS

Imagen
Neste post, exporemos diferentes actividades interactivas que ideamos para que os nenos coñezan un pouco máis as redes sociais, sobre todo os seus termos de privacidade e de uso. Para acceder ás actividades deberédes picar nas imaxes. COMPLETA E APRENDE SOBRE A POLÍTICA DE PRIVACIDADE Nesta actividade os alumnos e alumnas deberán ir compleando as diferentes oracións cos nomes das redes sociais, segundo consideren cal sexa a correta. KAHOOT! SOBRE OS PERIGOS NAS REDES SOCIAIS Neste xogo deberemos adiviñar a resposta correta picando no color que nos creamos que corresponde á resposta correta. Para acceder á partida deberán entrar no link das imaxes e picar en "Play as a guest" e logo no modo de xogo que se desexe, "Classic" ou "Team mode", e aparecerá un código pin, Xa para xogar, terán cada un dos xogadores que acceder á páxina principal de de kahoot ( https://kahoot.it/ ) e insertar o pin e un nickname e xa accederán ao xogo. SOPA DE...

WEBQUEST

Imagen
Aquí vos mostramos a nosa WebQuest sobre un risco da rede que pode estar presente nas vidas dos nosos nenos e nenas que é o "Grooming". O noso obxectivo é concienciar ao alumnado e que eles/elas mesmos/as se informen sobre os perigos do "grooming" para levar a cabo unha prevención eficaz. https://sites.google.com/view/www-grooming/p%C3%A1gina-principal?authuser=1

RECURSO AUDIOVISUAL

Imagen
Para a proposta didáctica que integrase o noso producto audiovisual utilizamos o programa canvas que nos permitiu realizar unha proposta "DigitalStorytelling" na que puidemos explicitar os contidos que iamos traballar, o obxectivos que tiñamos e a metodoloxía que iamos empregar. Con esta ferramenta puidémolo facer dunha forma máis atractiva e lúdica. Aquí deixamos o noso video no que representamos unha das situacións máis habituais nas redes sociais, como é o "grooming", na que un adulto se fai pasar por un menor para así conseguir o que quere doutro menor.

PÓSTER

Imagen
Con este traballo coñcecemos novas formas de buscar recursos educativos e como utilizalos nas nosas futuras aulas. O noso proxecto axudará a que os contidos de aprendizaxe sexan maís interesantes e lúdicos para o noso alumnado.

Manuel González García

A materia de Novas Tecnoloxías paréceme actualmente unha asignatura moi interesante e importante, xa que ao igual que hai 15 anos; sería unha materia "inservible", por chamala dalgunha forma, porque na educación a penas se usaban as novas tecnoloxías; actualmente é unha asignatura moi importante e moi útil debido a introducción masiva das tecnoloxías actuais na educación, coa utilización e proporcións por parte dos centros, de ordenadores, tablets, ou outros dispositivos. Por iso creo que pode sernos de grande utilidade, xa que nos proporcionará ou ampliará a nós coñecementos en relación as novas tecnoloxías, que logo transmitiremos aos nosos alumnos e alumnas no futuro.

Fátima Gallego García

Creo que a materia de novas tecnoloxías nos vai aportar novos coñecementos de como aplicar a tecnoloxía nas nosas clases futuras e como innovar o campo da educación con esta ferramenta tan coñecida hoxe en día. Para isto é preciso coñecer os usos responsables e máis favorables de dita ferramenta. Penso que vou afrontar dunha forma positiva a materia porque me interesa bastante o camo das tecnoloxías e sempre me gusta coñecer e descubrir cousas novas delas.